Agaela

Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica

Confederación Nacional de Entidades de ELA

  • Inicio
  • Agaela
    • Quen Somos?
    • Qué Facemos?
      • Banco de Productos de Apoio
      • FEGEREC: servizos que ofrece a nosa Federación
      • Servicios conveniados de AGAELA
    • Onde Estamos?
  • A Ela
    • Qué é a ela?
    • Recursos
    • Ligazóns de interese
    • Preguntas Frecuentes
  • Colabora
    • Faite Socio
    • Faite Voluntario
    • Fai unha doazón
    • Productos solidarios
    • Retos solidarios
  • Noticias
  • Contacto

A travesía en Vela para visibilizar a ELA chega á Coruña

28/05/2018 by Jessica Garabal Barbeira

Co nome de “Tras a ELA en Vela: Desafío Fisterra”, o sábado 26 de maio, comezaba unha travesía en vela desde Bilbao ata o Cabo Fisterra, que ten como obxectivo visibilizar a situación que viven os enfermos de Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA). Iñaki Elorriaga, afectado pola enfermidade de 71 anos, é o promotor da iniciativa, coa que ademais recabaranse fondos a favor da Federación ADELA-Euskal Herria para a loita contra a ELA. Acompáñano na travesía o navegante Unai Basurko e o músico Kepa Junkera.

A chegada a Fisterra foi o 29 de maio, facendo unha escala esa mesma tarde en Muros. A segunda escala será no porto da Coruña o día 6 de xuño, onde os recibirá a Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica (AGAELA), acompañados do Alcalde da Coruña: Xulio Ferreiro, e da Xefa territorial da Consellería de Sanidade en A Coruña: Cristina Pérez.

O recibimento que AGAELA lles prepara á súa chegada ao porto da Coruña consiste en recibilos ás 10:30 horas no Real Club Náutico, coa presenza das autoridades invitadas. Varias embarcacións sairán ao paso á chegada do veleiro a porto e contaremos con música tradicional galega, da man de Moncho do Orzán.

A continuación celebraremos nas instalacións do Real Club Náutico – Marina Real unha roda de prensa na que os protagonistas expoñerán a súa fazaña por mar, para posteriormente rematar escoitando unha charla sobre a ELA, dirixida a alumnos do colexio Liceo la Paz, de mans de Iñaki Elorriaga, afectado por esta enfermidade, que expoñerá de primeira man a realidade da ELA.

Máis información

Archivado en:Sin categoría

CONTACTO

Atendemos a persoas con ELA da Comunidade Autónoma de Galicia

  660 53 22 98

  info@agaela.es

COLABORADORES

Síguenos

  • Facebook
  • Twitter
  • YouTube
  • Instagram

Copyright © 2025 · Epik on Genesis Framework · WordPress · Iniciar sesión

Aviso legal |
Política de Cookies | Política de privacidade |

Copyright © 2019 AGAELA. Todo-los dereitos reservados

Empregamos cookies e tecnoloxías similares propias e de terceiros, de sesión ou persistentes, para facer funcionar de maneira segura nosa páxina web e personalizar o seu contido. Igulamente, empregamos cookies para medir e obter datos da navegación. Podes configurar e aceptar o uso de cookies a continuación. Asimesmo, podes modificar as túas opcións de consentimento en calquera momento visitando a nosa Política de Cookies e obter máis información facendo clic aquí: Política de Cookies