
A Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica – AGAELA, convoca a todos os seus socios/as para a celebración da próxima Asamblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria, que terá lugar o vindeiro sábado, día 12 de marzo de 2022, de maneira telemática, ás 11:00 horas en primeira convocatoria e ás 11:30 horas en segunda convocatoria, coa seguinte |
ORDE DO DÍA Asamblea Xeral Ordinaria 1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior 2. Aprobar o plan de actividades do exercicio 2021 3. Aprobar as contas e balances do exercicio 2021 4. Aprobar o plan de actividades do exercicio 2022 5. Aprobar o presuposto para o exercicio 2022 Asamblea Xeral Extraordinaria 1. Solicitar a declaración de Utilidade Pública da Asociación 2. Outras propostas que xurdisen tras a convocatoria 3. Rogos e preguntas |
Para poder asistir será necesaria confirmación de asistencia por medio do seguinte formulario online, para poder organizar a reunión virtual:
En días previos á realización da Asamblea remitirase o enlace de acceso á mesma por medio de correo electrónico.
A Asamblea é o lugar perfecto para contar de primeira mán a vosa opinión, non só sobre os temas e xestións da Asociación se non sobre accións, actividades e actuacións que estamos realizando desde AGAELA ou que considerades que é preciso impulsar.
Para calquera dúbida ou máis información estamos dispoñibles no correo info@agaela.es ou no teléfono 660 53 22 98.
Agardámosvos a todos.
Unha aperta,

Presidenta de Agaela
www.agaela.es