Agaela

Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica

Confederación Nacional de Entidades de ELA

  • Inicio
  • Agaela
    • Quen Somos?
    • Qué Facemos?
      • Banco de Productos de Apoio
      • FEGEREC: servizos que ofrece a nosa Federación
      • Servicios conveniados de AGAELA
    • Onde Estamos?
  • A Ela
    • Qué é a ela?
    • Recursos
    • Ligazóns de interese
    • Preguntas Frecuentes
  • Colabora
    • Faite Socio
    • Faite Voluntario
    • Fai unha doazón
    • Productos solidarios
    • Retos solidarios
  • Noticias
  • Contacto

Axudas económicas para o ano 2023 dirixidas a persoas con ELA

05/04/2023 by Jessica Garabal Barbeira

A Xunta de Galicia ven de publicar a Orde de axudas económicas para o 2023 destinadas a persoas con Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA). 

A continuación sintetizamos os puntos máis importantes:  

Información xeral da axuda: 

  • Código da axuda BS215A na sede da Xunta de Galicia
  • Oficinas de rexistro para presentación en papel, tamén se pode presentar en calquera Concello galego
  • A axuda pode acadar o 100% dos gastos subvencionables, cun máximo de 12.000€ por persoa beneficiaria.
  • Período subvencionable de gastos: 1 de xaneiro de 2023 e o 8 de decembro de 2023
  • Compatible con outras prestacións e convocatorias públicas
  • Data límite para presentar a documentación xustificativa: 9 de decembro de 2023. Recomendan facer unha xustificacion final e única.

Requisitos das persoas beneficiarias: 

  • Ter cumplidos os 18 anos
  • Estar empadroados/as nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia
  • Estar diagnosticadas de Esclerose Lateral Amiotrófica
  • Ter recoñecida a situación de dependencia ou ter solicitada a situación de dependencia

Gastos subvencionables: 

  • 1. Gastos de inversión: 
  • Adquisición de produtos de apoio para a mobilización
  • Adquisición de produtos de apoio, clasificados segundo a Norma ISO 9999:2016:
    • Tratamento médico personalizado
    • Entrenamento e aprendizaxe de capacidades
    • Mobilidade persoal
    • Aseo, coidado e protección persoal
    • Actividades domésticas
    • Mobiliario e adaptacións para vivendas
    • Comunicación e información
    • Manipulación de obxectos e dispositivos
    • Mellora e avaliación do contorno
    • Lecer e recreación
  • Adquisición de produtos de hixiene e aseo persoal
  • Adaptación funcional do fogar e do seu entorno
  • Adquisición de vehículo adaptado ou adaptación do mesmo

  • 2. Gastos correntes:
  • Servizos asistenciais complementarios ás prestacións da Seguridade Social ou mutualidades de previsión social prestados á persoa beneficiaria por profesionais habilitados:
    • Fisioterapia manual
    • Fisioterapia respiratoria
    • Terapia ocupacional
    • Logopedia
    • Psicoloxía
    • Asistencia persoal/coidador profesional
  • Transporte para a asistencia a tratamentos en centros asistenciais

Prazo de solicitude: 

  • Desde o día seguinte da publicación da orde no DOG ata o 30 de novembro de 2023
  • Deberase indicar unha estimación dos gastos previstos e o concepto ao que se destinará a axuda (en bloques indicados xa no formulario)
  • A resolución de concesión notificarase no prazo máximo dun mes contado desde a entrada da solicitude no rexistro

Documentación a presentar para solicitala: 

  • Solicitude (Anexo I)
  • Documentación acreditativa da representación, se é o caso (modelo da Xunta de Galicia)
  • Certificado ou informe médico oficial de diagnóstico de ELA
  • No caso de solicitar pago anticipado: Anexo II (non é preciso cubrir “documentación que se presenta”, só o apartado de “solicita o pagamento…”)
  • O resto de datos consultaranse de oficio pola Administración

Accede ao DOG da convocatoria

Archivado en:Asociación

CONTACTO

Atendemos a persoas con ELA da Comunidade Autónoma de Galicia

  660 53 22 98

  info@agaela.es

COLABORADORES

Síguenos

  • Facebook
  • Twitter
  • YouTube
  • Instagram

Copyright © 2025 · Epik on Genesis Framework · WordPress · Iniciar sesión

Aviso legal |
Política de Cookies | Política de privacidade |

Copyright © 2019 AGAELA. Todo-los dereitos reservados

Empregamos cookies e tecnoloxías similares propias e de terceiros, de sesión ou persistentes, para facer funcionar de maneira segura nosa páxina web e personalizar o seu contido. Igulamente, empregamos cookies para medir e obter datos da navegación. Podes configurar e aceptar o uso de cookies a continuación. Asimesmo, podes modificar as túas opcións de consentimento en calquera momento visitando a nosa Política de Cookies e obter máis información facendo clic aquí: Política de Cookies