Agaela

Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica

Confederación Nacional de Entidades de ELA

  • Inicio
  • Agaela
    • Quen Somos?
    • Qué Facemos?
      • Banco de Productos de Apoio
      • FEGEREC: servizos que ofrece a nosa Federación
      • Servicios conveniados de AGAELA
    • Onde Estamos?
  • A Ela
    • Qué é a ela?
    • Recursos
    • Ligazóns de interese
    • Preguntas Frecuentes
  • Colabora
    • Faite Socio
    • Faite Voluntario
    • Fai unha doazón
    • Productos solidarios
    • Retos solidarios
  • Noticias
  • Contacto

Documento de instrucións previas

21/03/2018 by Jessica Garabal Barbeira

Chegado o momento, é preciso ter en conta algunhas consideracións importantes que tamén están relacionadas coa enfermidade. Neste caso consideramos importante difundir a documentación necesaria para solicitar o documento de instrucións previas.

Dito documento é necesario para que a persoa afectada deixe constancia da súa vontade, que intervencións quere que se realicen e cales non, de maneira que se manteña a súa capacidade de decisión no caso de que, por exemplo, haxa que realizar unha traqueotomía de urxencia ou colocar unha sonda de alimentación (PEG).

Polo tanto, que é o documento de instrucións previas?

É un documento no que calquera persoa pode manifestar anticipadamente a súa vontade sobre os coidados e tratamentos que podería precisar nun futuro e, por ende, decidir sobre o destino final do seu corpo, co obxectivo de que a súa decisión e vontade sexa coñecida e respectada no momento que non teña a capacidade para manifestala e que a decisión non recaia nos familiares ou coidador de referencia.

Cómo podo solicitar o meu documento de instrucións previas?

No caso de que se queira realizar un documento de intrucións previas, aconsellamos que para levar a cabo toda a tramitación, a persoa interesada se poña en contacto coa traballadora social do propio hospital ou centro de saúde de referencia.

Tamén se pode tramitar de maneira individual sen axuda dun profesional. Para obter o modelo de solicitude, a persoa interesada deberá dirixirse ao seguinte enlace e descargar o documento no apartado “Modelos” que se encontra no menú da dereita desta páxina.

Para máis información e acceso aos modelos de solicitude prema no seguinte link

Fonte de información:

 

Archivado en:Sin categoría

CONTACTO

Atendemos a persoas con ELA da Comunidade Autónoma de Galicia

  660 53 22 98

  info@agaela.es

COLABORADORES

Síguenos

  • Facebook
  • Twitter
  • YouTube
  • Instagram

Copyright © 2025 · Epik on Genesis Framework · WordPress · Iniciar sesión

Aviso legal |
Política de Cookies | Política de privacidade |

Copyright © 2019 AGAELA. Todo-los dereitos reservados

Empregamos cookies e tecnoloxías similares propias e de terceiros, de sesión ou persistentes, para facer funcionar de maneira segura nosa páxina web e personalizar o seu contido. Igulamente, empregamos cookies para medir e obter datos da navegación. Podes configurar e aceptar o uso de cookies a continuación. Asimesmo, podes modificar as túas opcións de consentimento en calquera momento visitando a nosa Política de Cookies e obter máis información facendo clic aquí: Política de Cookies