O 17 de xuño de 18 a 20 horas, tivo lugar como todos os anos, o foro do día mundial contra a ELA. O obxectivo desta iniciativa, que se desenvolve totalmente online, é facilitar á cidadanía en xeral o acceso á información sobre a esclerose lateral amiotrófica. Preténdese tamén que sirva como foro onde aclarar dúbidas aos pacientes, familiares e cidadáns en xeral sobre a xestión desta enfermidade.
Nesta ocasión, todos aqueles que vos unades seredes atendidos polo médico especialista en neuroloxía Julio Pardo e por Dámaris Domínguez, delegada da área de prensa da asociación AGAELA.
Todas as cuestións plantexadas e as respostas EIQUÍ