Agaela

Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica

Confederación Nacional de Entidades de ELA

  • Inicio
  • Agaela
    • Quen Somos?
    • Qué Facemos?
      • Banco de Productos de Apoio
      • FEGEREC: servizos que ofrece a nosa Federación
      • Servicios conveniados de AGAELA
    • Onde Estamos?
  • A Ela
    • Qué é a ela?
    • Recursos
    • Ligazóns de interese
    • Preguntas Frecuentes
  • Colabora
    • Faite Socio
    • Faite Voluntario
    • Fai unha doazón
    • Productos solidarios
    • Retos solidarios
  • Noticias
  • Contacto

IX Travesía solidaria pola ELA – Memorial Fran Otero

19/11/2019 by Jessica Garabal Barbeira

O vindeiro 4 de xaneiro de 2020, a Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrofica – AGAELA, coa colaboración do Clube de Natación Liceo, organiza a IX Travesía solidaria a favor dos afectados de ELA – Memorial Fran Otero.

As xélidas augas do mar da Coruña acollerán aos intrépidos e solidarios nadadores que poderán participar neste reto en dúas modalidades: 400 metros (con ou sen neorpreno) e 1.000 metros (obrigatorio participar con neopreno).

Inscríbete

Todo o recadado nesta travesía será doado a Agaela

O ano pasado máis de 200 personas molláronse pola ELA nas frías augas invernais do mar da Coruña. Este ano queremos repetir e que se escoite aínda máis a voz dos afectados por esta devastadora enfermidade.

CARTEL DO EVENTO

DETALLES

Día: 4 de Xaneiro de 2020

Hora de saída: 11:00 (Pendente de confirmación. Suxeito ao calendario de mareas)

Lugar: Será no Dique Barrié no Real Club Náutico da Coruña.

Inscricións: Aquí

Donativo de inscrición: Para participantes mínimo 6 € ampliable á vontade. Aqueles que non queiran participar nas probas pero si colaborar poden inscribinse en “Fila 0”.

Recollida de dorsais: o día 4 de xaneiro nas instalacións do Real Club Náutico da Coruña ata 1 hora antes do comezo da proba.

En caso de menores de idade (mínimo 15 anos): deberá enviar ao correo electrónico info@agaela.es a Folla de Autorización para Menores.

PREMIOS E SORTEOS

Premios:

Trofeos para os gañadores de cada categoría, para o participante máis veterano e o máis novo.

Sorteos:
  • 17 Boias de natación para augas abertas cortesía de Decathlon Coruña e Decathlon Oleiros.
  • 1 comida ou cea para 2 persoas en Mahalo Poké.
  • Tarxetas regalo de The Style Outlets* :
    • 2 tarxetas de 50€
    • 2 tarxetas de 30€
    • 2 tarxetas de 20€

*Os agraciados deberán indicarnos os seus datos persoais e DNI para elaborar os vales e poderán pasarse a recollelos antes do 4 de febreiro no punto de información do centro comercial. 

* Haberá zona de gardarroupa para que os participantes poidan deixar as súas pertenzas e recollelas ao finalizar a natación.

PERCORRIDO

Ofrecemos aos participantes dous percorridos. Aquí vos deixamos os planos:

Percorrido con ou sen neopreno. 400 metros

Percorrido con neopreno. 1.000 metros

ORGANIZAN

COLABORAN

Archivado en:Eventos

CONTACTO

Atendemos a persoas con ELA da Comunidade Autónoma de Galicia

  660 53 22 98

  info@agaela.es

COLABORADORES

Síguenos

  • Facebook
  • Twitter
  • YouTube
  • Instagram

Copyright © 2025 · Epik on Genesis Framework · WordPress · Iniciar sesión

Aviso legal |
Política de Cookies | Política de privacidade |

Copyright © 2019 AGAELA. Todo-los dereitos reservados

Empregamos cookies e tecnoloxías similares propias e de terceiros, de sesión ou persistentes, para facer funcionar de maneira segura nosa páxina web e personalizar o seu contido. Igulamente, empregamos cookies para medir e obter datos da navegación. Podes configurar e aceptar o uso de cookies a continuación. Asimesmo, podes modificar as túas opcións de consentimento en calquera momento visitando a nosa Política de Cookies e obter máis información facendo clic aquí: Política de Cookies