Gracias á colaboración do Concello de Culleredo contamos cun novo produto no noso banco: esta cadeira de ducha con basculación e repousacabezas, imprescindible para usuarios con ELA con necesidades posturais moi específicas.
Por outra banda, puidemos incoporar un ordenador portátil e unha impresora que facilitan enormemente as xestións vinculadas ao banco de produtos de apoio, rexistro de donacións, préstamos e devolucións, á vez que a actualizacion permanente da páxina web específica do Banco de Produtos de Apoio.