Agaela

Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica

Confederación Nacional de Entidades de ELA

  • Inicio
  • Agaela
    • Quen Somos?
    • Qué Facemos?
      • Banco de Productos de Apoio
      • FEGEREC: servizos que ofrece a nosa Federación
      • Servicios conveniados de AGAELA
    • Onde Estamos?
  • A Ela
    • Qué é a ela?
    • Recursos
    • Ligazóns de interese
    • Preguntas Frecuentes
  • Colabora
    • Faite Socio
    • Faite Voluntario
    • Fai unha doazón
    • Productos solidarios
    • Retos solidarios
  • Noticias
  • Contacto

Programa de orientación, apoio e asesoramento a persoas afectadas de ELA, coidadores e familiares

05/10/2020 by Jessica Garabal Barbeira

A Deputación da Coruña, por medio da Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o mantemento de programas sociosanitarios durante o ano 2020 (FOCVAA), permítenos mellorar o programa de:

Orientación, apoio e asesoramento a persoas con Esclerose Lateral Amiotrófica, coidadores e familiares

O obxectivo deste programa é mellorala calidade de vida das persoas afectadas de Esclerose Lateral Amiotrófica ofrecendo un servizo de orientación, apoio e asesoramento aos usuarios, aos seus coidadores e familiares.

Para iso establecéronse os seguintes obxectivos específicos:

  • Asesorar sobre as necesidades vinculadas ás diferentes fases da enfermidade e dar acceso aos recursos público/privados dispoñibles.
  • Manter o mellor grao de autonomía persoal posible e diminuír a dependencia dunha terceira persoa.
  • Diminuír a sobrecarga do coidador principal.
  • Dar soporte e apoio aos familiares e coidadores no proceso de evolución da enfermidade.
  • Garantir a continuidade e seguimento do programa cos adecuados criterios de calidade.

As tarefas a realizar enmarcadas no proxecto foron as seguintes:

  • Valoración inicial de necesidades dos usuarios
  • Orientación sobre o proceso da ELA
  • Asesoramento sobre trámites sociais
  • Asesoramento sobre o uso e adquisición de produtos de apoio
  • Asesoramento sobre accesibilidade e adaptación do fogar
  • Orientación no uso de dispositivos de apoio para a comunicación
  • Asesoramento sobre hixiene postural e técnicas de conservación da enerxía na realización de mobilizacións e transferencias
  • Apoio psico-emocional e escoita activa para fomentar a descarga do coidador
  • Reavaliación e seguimento individualizado das necesidades

A Deputación da Coruña condeceu á Asociación AGAELA a cantidade de 10.247,72 € para financiar o 80% do programa de orientación, apoio e asesoramento a persoas afectadas de ELA, coidadores e familiares.

Archivado en:Asociación

CONTACTO

Atendemos a persoas con ELA da Comunidade Autónoma de Galicia

  660 53 22 98

  info@agaela.es

COLABORADORES

Síguenos

  • Facebook
  • Twitter
  • YouTube
  • Instagram

Copyright © 2025 · Epik on Genesis Framework · WordPress · Iniciar sesión

Aviso legal |
Política de Cookies | Política de privacidade |

Copyright © 2019 AGAELA. Todo-los dereitos reservados

Empregamos cookies e tecnoloxías similares propias e de terceiros, de sesión ou persistentes, para facer funcionar de maneira segura nosa páxina web e personalizar o seu contido. Igulamente, empregamos cookies para medir e obter datos da navegación. Podes configurar e aceptar o uso de cookies a continuación. Asimesmo, podes modificar as túas opcións de consentimento en calquera momento visitando a nosa Política de Cookies e obter máis información facendo clic aquí: Política de Cookies