-
- Ofrecer un servizo sociosanitario dende un enfoque multidisciplinar e integral, que garantice a proximidade, calidade, eficacia á hora de satisfacer as necesidades que teñen unha persoa con ELA e a súa familia.
-
- Sensibilizar aos diferentes sectores implicados no proceso da enfermidade, a opinión pública e a administración dos problemas de prevención e tratamento destas enfermidades, así como promover os cambios de actitude social que permitan unha mellora na calidade de vida dos enfermos crónicos.
-
- Estimular e promover a investigación científica, para mellorar as posibilidades terapéuticas e rehabilitadoras.
-
- Dar a coñecer os seus dereitos e beneficios a todos os niveis, tanto a enfermos como a familiares, potenciando a utilización de todos os canais de información e sistemas de axuda, para proporcionar a plena integración.
-
- Promover actuacións que favorezcan a superación e o alivio das barreiras físicas e/ou psicolóxicas que conleva a enfermidade.
-
- Cubrir as necesidades de información, asesoramento e orientación sobre todo o relacionado coa ELA, así como atender directamente aos diversos problemas físicos, psicolóxicos, rehabilitadores, sociais, laborais, xurídicos, de formación, ocio, etc… que conleva esta enfermidade.
Memorias de actividades
Memoria anual de actividades 2017
Memoria anual de actividades 2018
Memoria anual de actividades 2019
Memoria Anual de Actividades 2020