| A continuación podedes consultar unha recopilación dos cursos máis interesantes que se van levar a cabo nas próximas semanas por diferentes entidades e asociacións relacionadas coa ELA. |
«Experiencias de familiares con la traqueostomía»
A charla tratará sobre os temas relacionados coa traqueostomía no que familiares de afectados de ELA contarán as súas experiencias para coñecer de primeira man todo o relacionado con esta temática.
Inscripcións enviando un whatsapp ó número 658 858 298

«La Comunicación Aumentatitva y Alternativa desde casa»
Neste curso aprenderase a implementar os Sistemas de Comunicación Aumentativa e Alternativa (SAAC), así como medrar no uso e coñecemento da linguaxe a través de técnicas de alfabetización aproveitando as rutinas diarias.
Inscripcións en comunicacion@apaceburgos.com

«Comunicación y Autonomía. Nivel básico»
O taller está orientado para un nivel básico, cando a persoa pode comunicarse con dificultade e son necesarios accesorios de axuda para potenciar as capacidades de conserva e autonomía da persoa.

«Cuidados en casa para ELA avanzada»
O obxetivo deste curso é facilitar a adquisicón do coñecemento e competencias prácticas para afrontar os síntomas que poden aparecer co avance da enfermidade.


