Agaela

Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica

Confederación Nacional de Entidades de ELA

  • Inicio
  • Agaela
    • Quen Somos?
    • Qué Facemos?
      • Banco de Productos de Apoio
      • FEGEREC: servizos que ofrece a nosa Federación
      • Servicios conveniados de AGAELA
    • Onde Estamos?
  • A Ela
    • Qué é a ela?
    • Recursos
    • Ligazóns de interese
    • Preguntas Frecuentes
  • Colabora
    • Faite Socio
    • Faite Voluntario
    • Fai unha doazón
    • Productos solidarios
    • Retos solidarios
  • Noticias
  • Contacto

Reformas Solidarias para persoas con movilidade reducida

 

A constructora viguesa Lapatian levou a cabo durante o ano 2017 o proxecto “Reformas Solidarias” que ten como principal obxectivo a adaptación funcional e a eliminación das barreiras arquitectónicas que dificultan o día a día de persoas con movilidade reducida e que ademáis carecen de medios económica. O pasado ano realizaron cinco adaptacións do fogar a familias socias de ASEM Galicia e APAMP na provincia de Pontevedra a custo cero. Aquí podedes acceder a máis información sobre as reformas realizadas: Reformas Solidarias 2017

Durante o 2018 o proxecto seguirá en marcha e o obxectivo é extender o proxecto a toda a comunidade autónoma galega e aumentar o número de beneficiaros, feito que posibilita que AGAELA forme parte deste proxecto e se abra a convocatoria de solicitudes para os nosos socios.

Para acollerse a esta convocatoria é preciso cumprir os seguintes requisitos:

  • Ter diagnosticada Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA)
  • Solicitar a AGAELA a inclusión neste servizo segundo o formulario de solicitude.
  • Residir na comunidade autónoma de Galicia.
  • Ser propietario da vivenda na que se realizará a obra ou, no caso de aluguer, contar coa autorización por escrito do propietario e o compromiso de ambos (inquilino e propietario) de permanecer na vivenda ao menos un ano.

No caso de ter máis solicitantes que prazas dispoñibles teránse en conta os seguintes criterios de selección:

  • Nivel de ingresos da unidade familiar
  • Condicións sociosanitarias: grao de discapacidade, dependencia…
  • Número de residentes na vivenda

O prazo de solicitude está aberto dende o mércores 17 ata o xoves 25 de xaneiro de 2018. 

Debedes remitir o formulario de solicitude normalizado ao correo: info@agaela.es 

 

CONTACTO

Atendemos a persoas con ELA da Comunidade Autónoma de Galicia

  660 53 22 98

  info@agaela.es

COLABORADORES

Síguenos

  • Facebook
  • Twitter
  • YouTube
  • Instagram

Copyright © 2025 · Epik on Genesis Framework · WordPress · Iniciar sesión

Aviso legal |
Política de Cookies | Política de privacidade |

Copyright © 2019 AGAELA. Todo-los dereitos reservados

Empregamos cookies e tecnoloxías similares propias e de terceiros, de sesión ou persistentes, para facer funcionar de maneira segura nosa páxina web e personalizar o seu contido. Igulamente, empregamos cookies para medir e obter datos da navegación. Podes configurar e aceptar o uso de cookies a continuación. Asimesmo, podes modificar as túas opcións de consentimento en calquera momento visitando a nosa Política de Cookies e obter máis información facendo clic aquí: Política de Cookies