Agaela

Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica

Confederación Nacional de Entidades de ELA

  • Inicio
  • Agaela
    • Quen Somos?
    • Qué Facemos?
      • Banco de Productos de Apoio
      • FEGEREC: servizos que ofrece a nosa Federación
      • Servicios conveniados de AGAELA
    • Onde Estamos?
  • A Ela
    • Qué é a ela?
    • Recursos
    • Ligazóns de interese
    • Preguntas Frecuentes
  • Colabora
    • Faite Socio
    • Faite Voluntario
    • Fai unha doazón
    • Productos solidarios
    • Retos solidarios
  • Noticias
  • Contacto

Teleasistencia avanzada

16/02/2018 by Jessica Garabal Barbeira

Unha das novidades reflexadas no último Boletín do Ministerio de Sanidad, Servicios sociais e Igualdade, publicado o 15 de febreiro do 2018, é a teleasistencia avanzada.

Este servizo de teleasistencia ten como obxetivo garantizar a atención das persoas en situación de dependencia as 24 horas do día e os 365 días do ano.

Beneficiarios:

Poderán beneficiarse desta prestación as persoas que teñan recoñecido o grao de dependencia I e que no  Programa Individual de Atención lle asignaran esta prestación. Esta asistencia é compatible coas demáis prestacións excepto coa atención residencial e a prestación económica vinculada a dito servizo.

Características do servizo: 

As principais características desta prestación son que, ademáis de incluir tódolos servizos da teleasistencia básica que a persoa precise, ofrece apoios tecnolóxicos dentro ou fóra do domicilio así como interconexión cos servizos de información e profesionais de referencia.

Os servizos prestados na teleasistencia avanzada están dirixidos a detectar situacións de risco como poden ser fugas de gas, auga, caídas, convulsións, etc. dentro do domicilio. Ademáis, unha das novidades é que tamén contan coa asistencia fóra do domicilio mediante o servizo de teleasistencia móbil con xeolocalización para detectar situacións de risco ou emerxencia.

Outra parte deste servizo está dirixido a teleconsultas cos servizos sanitarios que ofertan programas de telediagnóstico, teleconsulta sanitaria e tele-estimulasción cognitiva, entre outros.

Por outra banda, tamén conta con programas de atención integral como poden ser programas de atención psicosocial, promoción do Envellecemento Activo e Saudable, teleasistencia como Apoio ao coidador ou protocolos especiais no caso de situacións de duelo ou de prevención do maltrato, suicidio, etc.

Para máis información, podedes consultar o Boletín no seguinte enlace: Resolución de 15 de enero de 2018

Archivado en:Sin categoría

CONTACTO

Atendemos a persoas con ELA da Comunidade Autónoma de Galicia

  660 53 22 98

  info@agaela.es

COLABORADORES

Síguenos

  • Facebook
  • Twitter
  • YouTube
  • Instagram

Copyright © 2025 · Epik on Genesis Framework · WordPress · Iniciar sesión

Aviso legal |
Política de Cookies | Política de privacidade |

Copyright © 2019 AGAELA. Todo-los dereitos reservados

Empregamos cookies e tecnoloxías similares propias e de terceiros, de sesión ou persistentes, para facer funcionar de maneira segura nosa páxina web e personalizar o seu contido. Igulamente, empregamos cookies para medir e obter datos da navegación. Podes configurar e aceptar o uso de cookies a continuación. Asimesmo, podes modificar as túas opcións de consentimento en calquera momento visitando a nosa Política de Cookies e obter máis información facendo clic aquí: Política de Cookies