As xélidas augas do mar da Coruña acollerán aos intrépidos e solidarios nadadores que poderán participar neste reto en dúas modalidades: 400 metros (con ou sen neorpreno) e 1.000 metros (obrigatorio participar con neopreno).
Para reconfortalos á saída da auga haberá un chocolatiño quente e despois faremos algúns sorteos entre os asistentes.
Todo o recadado nesta travesía será doado a Agaela.
O ano pasado máis de 200 personas molláronse pola ELA nas frías augas invernais do mar da Coruña. Este ano queremos repetir e que se escoite aínda máis a voz dos afectados por esta devastadora enfermidade.
DESDE AGAELA FACEMOS UN CHAMAMENTO A TODOS ESOS DEPORTISTAS SOLIDARIOS QUE HAI EN GALICIA A QUE NOS ACOMPAÑEN NESTA TRAVESÍA SOLIDARIA PARA MOLLARSE POLA ELA.
Día: 7 de Xaneiro de 2017
Hora de saída: 11:00 (Pendente de confirmación. Suxeito ao calendario de mareas)
Inscrición: en Championchip Norte
Prezo: 6 €. Se non podes asistir e queres facer unha doación, tamén o podes facer dende esta sección.
Recollida de dorsais: o día 7 de xaneiro nas instalacións do Real Clube Náutico de A Coruña ata 1 hora antes do comezo da proba.
O EVENTO
Ao rematar a proba haberá chocolate quente para todos os participantes.
Haberá zona de gardarroupa para que os participantes podan deixar as súas pertenzas e recollelas ao finalizar a natación.
Grazas á colaboración de Decathlon, ao finalizar a proba sortearemos entre os participantes un neopreno.
PERCORRIDO
Ofrecemos aos participantes dous percorridos un para facer con neopreno e outro para mollarse solidariamente “a pelo” (aínda que tamén se pode participar con neopreno nesta proba). Aquí vos deixamos os planos dos dous percorridos.
Percorrido con ou sen neopreno. 400 metros
Percorrido con neopreno. 1.000 metros
INSCRIPCIÓN
As inscricións pódense realizar a través da web de Champion Chip Norte, PENDENTE.
ORGANIZA
