O vindeiro 7 de xaneiro de 2018, Agaela, coa colaboración do Clube Natación Liceo, organiza a VII Travesía solidaria a favor dos afectados de ELA.
As xélidas augas do mar da Coruña acollerán aos intrépidos e solidarios nadadores que poderán participar neste reto en dúas modalidades: 400 metros (con ou sen neorpreno) e 1.000 metros (obrigatorio participar con neopreno).
Para reconfortalos á saída da auga haberá un chocolatiño quente e despois faremos algúns sorteos entre os asistentes.
Todo o recadado nesta travesía será doado a Agaela.
O ano pasado máis de 200 personas molláronse pola ELA nas frías augas invernais do mar da Coruña. Este ano queremos repetir e que se escoite aínda máis a voz dos afectados por esta devastadora enfermidade.
DESDE AGAELA FACEMOS UN CHAMAMENTO A TODOS ESES DEPORTISTAS SOLIDARIOS QUE HAI EN GALICIA A QUE NOS ACOMPAÑEN NESTA TRAVESÍA SOLIDARIA PARA MOLLARSE POLA ELA.
Día: 7 de Xaneiro de 2018
Hora de saída: 11:00 (Pendente de confirmación. Suxeito ao calendario de mareas)
Inscrición: ChampionChip Norte
Prezo: 6 €. Se non podes asistir e queres facer unha doación, tamén o podes facer dende esta sección.
Recollida de dorsais: o día 7 de xaneiro nas instalacións do Real Clube Náutico de A Coruña ata 1 hora antes do comezo da proba.
O EVENTO
Ao rematar a proba haberá chocolate quente para todos os participantes, bebidas e algo para petiscar.
Premios:
- Trofeos para os gañadores das diversas categorías, para o participante máis veterano e o máis novo.
Sorteos entre os participantes:
- 2 neoprenos Nabaiji de Augas Abertas (un feminino e outro masculino), cortesía de Decathlon Coruña.
- 200€ en tarxetas regalo de The Style Outlets: Os agraciados deberán darnos os seus datos persoais e DNI para elaborar os vales e poderán pasarse a recollelos antes do 20 de xaneiro no punto de información do centro comercial. Deberán tamén rexistrarse na base de datos da súa web: The Style Outlets para que se poidan xerar os vales.
- 2 tarxetas regalo de 50€
- 2 tarxetas regalo de 30€
- 2 tarxetas regalo de 20€
- 4 caixas Crep de MegaJump: cada caixa contén unha hora de xogo para dúas persoas e uns calcetíns.
Haberá zona de gardarroupa para que os participantes podan deixar as súas pertenzas e recollelas ao finalizar a natación.
PERCORRIDO
Ofrecemos aos participantes dous percorridos un para facer con neopreno e outro para mollarse solidariamente “a pelo” (aínda que tamén se pode participar con neopreno nesta proba). Aquí vos deixamos os planos dos dous percorridos.
Percorrido con ou sen neopreno. 400 metros
Percorrido con neopreno. 1.000 metros
INSCRIPCIÓN
As inscricións pódense realizar a través da web de Champion Chip Norte no seguinte enlace.
ORGANIZA

COLABORAN















