Agaela

Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica

Confederación Nacional de Entidades de ELA

  • Inicio
  • Agaela
    • Quen Somos?
    • Qué Facemos?
      • Banco de Productos de Apoio
      • FEGEREC: servizos que ofrece a nosa Federación
      • Servicios conveniados de AGAELA
    • Onde Estamos?
  • A Ela
    • Qué é a ela?
    • Recursos
    • Ligazóns de interese
    • Preguntas Frecuentes
  • Colabora
    • Faite Socio
    • Faite Voluntario
    • Fai unha doazón
    • Productos solidarios
    • Retos solidarios
  • Noticias
  • Contacto

VIII Travesía Solidaria pola ELA – Memorial Fran Otero

O vindeiro 5 de xaneiro de 2019, a Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrofica – AGAELA, coa colaboración do Club de Natación Liceo, organiza a VIII Travesía solidaria a favor dos afectados de ELA – Memorial Fran Otero.

As xélidas augas do mar da Coruña acollerán aos intrépidos e solidarios nadadores que poderán participar neste reto en dúas modalidades: 400 metros (con ou sen neorpreno) e 1.000 metros (obrigatorio participar con neopreno).

Para reconfortalos á saída da auga haberá un chocolatiño quente e despois faremos algúns sorteos entre os asistentes.

Realizar Inscrición

*Pode consultar o listado de inscritos desde aquí.

Todo o recadado nesta travesía será doado a Agaela

O ano pasado máis de 200 personas molláronse pola ELA nas frías augas invernais do mar da Coruña. Este ano queremos repetir e que se escoite aínda máis a voz dos afectados por esta devastadora enfermidade.

Detalles

Día: 5 de Xaneiro de 2019
Hora de saída: 11:00 (Pendente de confirmación. Suxeito ao calendario de mareas)
Inscrición: Realizar inscrición
Donativo de inscrición: 6 €. Se non pode asistir, tamén pode colaborar coa “Brazada Cero” desde aquí.
Recollida de dorsais: o día 5 de xaneiro nas instalacións do Real Clube Náutico da Coruña ata 1 hora antes do comezo da proba.

O EVENTO

Ao rematar a proba haberá chocolate quente para todos os participantes, bebidas e algo para petiscar.

Premios:

  • Trofeos para os gañadores das diversas categorías, para o participante máis veterano e o máis novo.

Sorteos entre os participantes:

  • 2 neoprenos Nabaiji de Augas Abertas (un feminino e outro masculino), cortesía de Decathlon Coruña.

  • 4 caixas Crep de MegaJump: cada caixa contén unha hora de xogo para dúas persoas e uns calcetíns.
  • Unha cesta de Nadal cortesía de Sport Café Coruña.

* Haberá zona de gardarroupa para que os participantes poidan deixar as súas pertenzas e recollelas ao finalizar a natación.

PERCORRIDO

Ofrecemos aos participantes dous percorridos un para facer con neopreno e outro para mollarse solidariamente “a pelo” (aínda que tamén se pode participar con neopreno nesta proba). Aquí vos deixamos os planos dos dous percorridos.

Percorrido con ou sen neopreno. 400 metros

Percorrido con neopreno. 1.000 metros

INSCRIPCIÓN

Realizar Inscrición

ORGANIZAN

COLABORAN

CONTACTO

Atendemos a persoas con ELA da Comunidade Autónoma de Galicia

  660 53 22 98

  info@agaela.es

COLABORADORES

Síguenos

  • Facebook
  • Twitter
  • YouTube
  • Instagram

Copyright © 2025 · Epik on Genesis Framework · WordPress · Iniciar sesión

Aviso legal |
Política de Cookies | Política de privacidade |

Copyright © 2019 AGAELA. Todo-los dereitos reservados

Empregamos cookies e tecnoloxías similares propias e de terceiros, de sesión ou persistentes, para facer funcionar de maneira segura nosa páxina web e personalizar o seu contido. Igulamente, empregamos cookies para medir e obter datos da navegación. Podes configurar e aceptar o uso de cookies a continuación. Asimesmo, podes modificar as túas opcións de consentimento en calquera momento visitando a nosa Política de Cookies e obter máis información facendo clic aquí: Política de Cookies